Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 22 de xuño de 2016 Páx. 25888

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2016 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2016

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos meses de xaneiro, febreiro,
marzo e abril do ano 2016

Descrición

Importe

Data

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e Televisión de Galicia, S.A.

Ata un máximo de 100.000,00 €

7.1.2016

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago (USC) e a Consellería do Mar para o Desenvolvemento do Proxecto de Investigación «Poboacións bacterianas en criadeiros de bivalvos: procesos de patoxénese» de Referencia AGL2014-59655-R

Sen custo económico

12.2.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación Grupo de Acción Local do sector pesqueiro Ría de Vigo-A Guarda para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020

1.254.090,01

23.2.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación Grupo de Acción Local do sector pesqueiro Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020

2.359.217,72 €

23.2.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación Grupo de Acción Local do sector pesqueiro da Ría de Pontevedra para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020

1.428.727,07 €

23.2.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación Grupo de Acción Local do sector pesqueiro Ría de Arousa para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020

1.862.814,64

23.2.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación Grupo de Acción Local do sector pesqueiro A Mariña Ortegal para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020

1.904.922,21

23.2.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación Grupo de Acción Local do sector pesqueiro Golfo Ártabro Norte para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020

1.535.817,52 €

23.2.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación Grupo de Acción Local do sector pesqueiro Costa da Morte para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020

1.826.175,34

23.2.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de pescadores (capítulo IV)

70.000,00 €

3.3.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra (capítulo IV)

60.000,00 €

3.3.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo (capítulo IV)

27.000,00 €

3.3.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña (capítulo IV)

50.000,00 €

3.3.2016

Convenio de colaboración entre o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (Bugalicia) e a Consellería do Mar para a xestión conxunta de recursos electrónicos de información científica ao Centro de Investigacións Mariñas

42.685,09 €

4.3.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asemblea da Comunidade Autónoma de Galicia da Cruz Vermella Española

30.000,00 €

9.3.2016

Addenda ao Convenio de colaboración entre Algas Atlánticas Algamar, S.L. a Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela (USC). Ampliación de prazo

Addenda sen custo económico

18.3.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Cooperativa de Armadores de Pesca de Vigo (Arvi)

52.901,85 €

22.3.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Asociación Española de Codificación Comercial (Aecoc)

14.520,00 €

28.3.2016

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño para o desenvolvemento de accións formativas ao colectivo de redeiras artesás no marco do seu proceso de diversificación profesional

26.300,00 €

28.3.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Asociación de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (Anfaco-Cecopesca) para a promoción e a mellora da comercialización das conservas de produtos pesqueiros

66.792,00 €

1.4.2016

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar e o Consello Superior de Investigacións Científicas, a través do Instituto de Investigación Mariñas para a análise dos datos recollidos pola UTPB no programa de monitoreo da frota de baixura e a formación dos técnicos desta unidade nas técnicas empregadas

180.000,00 €

15.4.2016

Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Consellería do Mar para a dotación económica de bolsas de formación no estranxeiro para o alumnado e profesorado do IGAFA

15.000,00 €

19.4.2016

Convenio entre a Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) polo que se regulan as condicións nas que se lle concede unha subvención prevista nominativamente na vixente Lei de orzamentos da nosa Comunidade Autónoma para a realización durante o ano 2016, de actividades de dinamización das embarcacións patrimoniais de Galicia

26.576,00 €

22.4.2016

Convenio entre a Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar e a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari) polo que se regulan as condicións nas que se lle concede unha subvención prevista nominativamente na vixente Lei de orzamentos da nosa Comunidade Autónoma para a realización durante o ano 2016, de actividades de dinamización e fomento da carpintaría de Ribeira

28.000,00 €

22.4.2016