Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 22 de xuño de 2016 Páx. 25804

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2016 pola que se dispón a substitución dun vogal da Comisión da Transparencia.

A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, crea, no seu artigo 33, a Comisión da Transparencia e atribúelle no seu número 2.a) a Presidencia ao/á valedor/a do pobo.

No exercicio das funcións inherentes á Presidencia da dita comisión, e por proposta do Consello de Contas,

RESOLVO:

Primeiro

Que cese Antonio Alonso Rodríguez como vogal da Comisión da Transparencia en representación do Consello de Contas.

Segundo

Nomear a Manuel José Santana Suárez en representación do Consello de Contas.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2016

Milagros María Otero Parga
Valedora do pobo