Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 23 de xuño de 2016 Páx. 26545

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (PO 4630/2008).

Procedemento ordinario 4630/2008-E

Recorrente: Asociación de Veciños Coruxo

Procurador: José Antonio Castro Bugallo

Letrada: Eva Comesaña Bastero

Administración demandada: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte

Letrado: Xunta de Galicia

Codemandados: Concello de Vigo, Administración xeral do Estado

Letrados: Concello de Vigo, procurador Sr. Lage Fernández Cervera; avogado do Estado

No procedemento ordinario arriba indicado acordouse librar o presente, co fin de que se publique no Diario Oficial de Galicia a parte dispositiva da sentenza ditada polo Tribunal Supremo en data 12 de novembro de 2015, así como a parte dispositiva do auto aclaratorio desta de data 7 de xaneiro de 2016.

Sentenza:

«Decidimos.

1º. Que debemos declarar e declaramos que procede o recurso de casación 1824/2014, interposto pola Asociación de Veciños de Coruxo contra a Sentenza do 20 de febreiro de 2014, ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo (Sección Segunda) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso contencioso-administrativo 4630/2008, sentenza que casamos e anulamos.

2º. Que estimando o recurso contencioso-administrativo 4630/2008, interposto pola Asociación de Veciños de Coruxo, debemos declarar e declaramos a nulidade de pleno dereito da Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte da Xunta de Galicia, do 18 de maio de 2008, pola que se aproba definitiva e parcialmente o Plan xeral de ordenación urbana de Vigo, así como a posterior Orde da Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas, do 13 de xullo de 2009, que aprobou definitivamente o documento de cumprimento da citada orde en canto ás cuestións que na primeira quedaron en suspenso, nulidade que comprende tamén a do propio Plan xeral de ordenación urbana de Vigo aprobado nelas.

3º. Non formulamos declaración expresa sobre condena ao pagamento das custas procesuais causadas na instancia, nin tampouco neste recurso de casación. Así, por esta a nosa sentenza, que deberá inserir o Consello Xeral do Poder Xudicial na publicación oficial de xurisprudencia deste Tribunal Supremo, definitivamente xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Auto:

«A sala acorda: rectificar, exclusivamente, o erro material a que se fai referencia no fundamento xurídico terceiro anterior. Tampouco procede acceder á solicitude de rectificación de erros materiais, nos termos formulados pola recorrente, despois de procederse –polas razóns que se expresan no fundamento segundo da sentenza– á anulación de ambas as dúas ordes e do Plan xeral de ordenación urbana de Vigo. Só procede acceder, non obstante, a rectificar a data da primeira das ordes impugnadas, que é do 16 de maio de 2008, e non do 18, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia, pola que se aprobou, definitiva e parcialmente, o Plan xeral de ordenación urbana de Vigo, de conformidade cos artigos, xa citados, 214 da LAC e 267.3 da LOPX. Por todo iso, a sala acorda: rectificar, exclusivamente, o erro material a que se fai referencia no fundamento xurídico anterior. Así o acordamos, mandamos e asinamos».

A Coruña, 25 de maio de 2016

Inmaculada Pérez Arrojo
A letrada da Administración de xustiza