1. Entidade adxudicadora: Concello do Barco de Valdeorras, praza do Concello, nº 2, 32300 Ourense. Órgano de contratación: Alcaldía e determinados actos da Xunta de Goberno Local.
2. Obxecto: servizos. CPV: 90911200-8. Descrición: limpeza das sedes municipais e locais de acordo co establecido no prego de prescricións técnicas.
3. Procedemento e tramitación: aberto, ordinaria. Criterios de adxudicación: prezo.
4. Valor estimado do contrato: 114.497,26 €.
5. Prazo de execución do servizo: do 1 de setembro de 2016 ao 31 de agosto de 2017.
6. Garantía provisional: non se precisa. Garantía definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato sen IVA.
7. Obtención de documentación e información: Concello do Barco de Valdeorras, praza do Concello, núm. 2., 32300 Ourense. Teléfono: 988 32 02 02. Telefax: 988 32 59 78.
Correo electrónico: auxiliar.secretaria@concellodobarco.org. Perfil do contratante: www.concellodobarco.org.
8. Presentación de ofertas: 15 días naturais desde a última das seguintes publicacións: deste anuncio no DOG ou do anuncio de licitación no BOP ou no perfil do contratante, de acordo coa cláusula 9ª do prego administrativo.
9. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo a cláusula 12ª do prego administrativo.
O Barco de Valdeorras, 16 de xuño de 2016
Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde


