Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 27 de xuño de 2016 Páx. 27125

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cervo (expediente IN407A 2016/19-2, 8327 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: novo CTC Medela e RBT aérea para antena de Retegal, S.A.

Situación: concello de Cervo.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea con orixe nun apoio existente e final nun apoio proxectado C-2000/14, cunha lonxitude de 20 metros, en condutor LA-56.

2. Liña de media tensión subterránea con orixe no apoio proxectado C-2000/14 e final no CTC Medela, cunha lonxitude de 25 metros en condutor RHZ1-150.

3. Centro de transformación prefabricado Medela tipo pé de poste, cunha potencia proxectada de 250 kVA e unha potencia instalada de 50 kVA, cunha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

4. Rede de baixa tensión subterránea con orixe no centro de transformación proxectado Medela e final nun paso aéreo a subterráneo no que conecta coa RBT aérea, cunha lonxitude de 20 metros en condutor tipo RV-240.

5. Rede de baixa tensión aérea con orixe no paso aéreo a subterráneo e final na antena de Retegal, cunha lonxitude de 810 metros en condutor tipo RZ-150.

Unha vez cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e consonte coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e do 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro), polos que se crea e se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 3 de xuño de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo