Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 27 de xuño de 2016 Páx. 27153

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2016 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación urxente documentalmente simplificada, para o servizo de avaliación a posteriori do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), actuación confinanciada nun 75 % polo Feader, medida 20 asistencia técnica do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014_2020 (expediente 29/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de avaliación a posteriori do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007_2013.

c) División por lotes e número: non leva.

d) Prazo de execución: o prazo comezará o día seguinte ao da sinatura do contrato (data estimada: 17.8.2016) e o prazo máximo de entrega da versión definitiva do informe, unha vez incorporadas todas as observacións da autoridade de xestión ao borrador presentado, será o 1 de decembro de 2016.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79419000-4.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (de xuízo de valor e automáticos).

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 100.000,00 €; IVE: 21.000,00 €. Importe total: 121.000,00 €.

Valor estimado: 100.000,00 €.

5. Financiamento: cofinanciado con fondos Feader nun 75 %. Medida 20 asistencia técnica do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014_2020.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo as letras J e K do prego de especificacións técnicas.

7. Garantías exixidas: definitiva: polo 5 % do importe de adxudicación (excluído IVE).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: edificio posterior dereito nº 4, San Caetano, s/n, planta baixa, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37/881 99 93 88 (consultas administrativas) 881 99 72 71 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=35252

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito (8 días) naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781) e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico enriba sinalado.

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do día 15 de xullo de 2016.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2016

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural