1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo; b) Dependencia que tramita o expediente: Patrimonio. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións; d) Número de expediente: 19846-240.
2. Obxecto do Contrato: a) Tipo: obras; b) Descrición: obras do proxecto de execución das obras de acondicionamento de espazo para ampliación de aula Universitaria da UNED en locais de planta 4ª, 5ª e 6ª do Auditorio e Pazo de Congresos Mar de Vigo. c) División por lotes e número de lotes: non. d) Lugar de execución: Concello de Vigo. e) Prazo de execución: 2 meses.
3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: urxente; b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: a) Importe total: 600.000 euros (IVE incluído).
5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe do contrato, excluído o IVE.
6. Requisitos específicos do contratista: a) Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos seguintes medios:
Declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato.
Posuír a seguinte clasificación: grupo C, subgrupo 4, categoría 3ª.
b) Solvencia técnica e profesional: acreditarase por calquera dos seguintes medios:
Certificacións ou documentos que acrediten a boa execución de contratos de obras ou traballos similares aos do obxecto do contrato executados, como máximo, nos dez últimos anos. Indicarase importe, datas e destino público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos dez anos xustifican ter realizado traballos similares aos do obxecto do contrato cuxo importe, en conxunto, sexa igual ou superior ao seu valor estimado.
Posuír a seguinte clasificación: grupo C, subgrupo 4, categoría 3ª.
7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 13 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG; b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n, 36202 Vigo; c) Admisión de melloras: si; d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) data e hora. Anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).
9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.500 euros.
Vigo, 17 de xuño de 2016
O alcalde
P.D. (Decreto 19.6.2015 e Acordo 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación