Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27480

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño), modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 220, do 18 de novembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 17 de xuño de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 19 de maio de 2016 (DOG núm. 100, do 27 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2,

ACORDOU:

De conformidade co disposto na base II.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 9 de xullo de 2016, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, no pavillón nº 2 do recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda.

Así mesmo, segundo o establecido na base II.2.2 da convocatoria, as/os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento fidedigno que ao xuízo do tribunal acredite a súa identidade. Tamén deberán levar lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2016

Paula Oliete Trillo
Presidenta do tribunal