1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición do obxecto: servizo para o mantemento evolutivo (desenvolvemento de novas funcionalidades) e soporte, dos sistemas de información que facilitan a xestión das competencias de xestión forestal da Xunta de Galicia, de acordo cos instrumentos legais actualmente publicados ou en curso de publicación.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.
e) Fecha de publicación do anuncio de licitación:
DOG: 14.1.2016.
DOUE: 9.1.2016.
BOE: 26.1.2016.
3. Tramitación e procedemento:
a) Procedemento: aberto.
b) Tramitación: ordinaria.
4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 545.454,54 € (cincocentos corenta e cinco mil catrocentos cincuenta e catro euros con cincuenta e catro céntimos).
5. Orzamento base de licitación:
O orzamento máximo autorizado é de 181.818,18 €, máis 38.181,82 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 220.000,00 € (dous centos vinte mil euros).
6. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 15.4.2016.
b) Data de formalización do contrato: 1.6.2016.
c) Contratista: Bahía Software, S.L.U.
d) Importe de adxudicación: 181.500,00 € (IVE incluído).
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2016
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia