Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 14 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0504/2016-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-CO-0504/2016-PPM.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada dispón dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 14 de xuño de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0504/2016-PPM.

Persoa interesada: Antonio Patiño Cores.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Trasporto, 13, Aguiño. 15965 Ribeira (A Coruña).