Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27598

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO de licitación para a adxudicación da explotación, durante a Festa do Marisco, dos postos de promoción e venda de arroz de mariscos, berberechos, navallas, ostra plana, ostra rizada e polbo.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Grove.

a) Organismo: Concello do Grove.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría.

2º Domicilio: Edificio Administrativo, rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, nº 3.

3º. Localidade e código postal: O Grove 36980.

4º. Teléfono: 886 21 21 86.

5º. Fax: 986 73 13 58.

6º. Correo electrónico: tecnica@concellodogrove.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 14/2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: adxudicación da explotación durante a festa do marisco dos postos de promoción e venda de arroz de mariscos, berberechos, navallas, ostra plana, ostra rizada e polbo.

1º. Domicilio: O Grove.

2º. Localidade e código postal: O Grove 36980.

c) Prazo de duración: 2 anos.

d) Admisión de prórroga: si, por 2 anos máis.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os previstos no prego de condicións.

4. Orzamento base de licitación: 25 % da facturación.

5. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): non se exixe clasificación.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: de acordo co establecido no prego de condicións administrativas.

c) Outros requisitos específicos: non se prevén.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ata o 15º día natural seguinte ao da publicación do último anuncio de licitación que se publicará no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e perfil do contratante desta entidade local.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo, rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, nº 3.

3º. Localidade e código postal: O Grove 36980.

4º. Enderezo electrónico: www.contratosdegalicia.es

8. Apertura de ofertas:

a) Descrición: –.

b) Enderezo: Casa do Concello, praza do Corgo, 1.

c) Localidade e código postal: O Grove 36980.

d) Data e hora: ás 13.00 horas do 3º día hábil seguinte ao remate do prazo de presentación de ofertas, agás sábados.

9. Gastos de publicidade: máximo 600 euros, por conta do contratista, a pro rata entre os adxudicatarios.

O Grove, 6 de xuño de 2016

José A. Cacabelos Rico
Alcalde