Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 30 de xuño de 2016 Páx. 27781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2016/23-2, 8332 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Recambios Frain, S.L.

Domicilio social: rúa da Industria 44-45-46.

Denominación: soterramento LMT Rábade 1-2. tramo P1-P3. Obra civil.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1-Canalización soterrada formada por catro tubos de 160 mm de diámetro e por un tubo de 63 mm de diámetro, con orixe na LMT soterrada existente no punto A (do plano do proxecto) e final no apoio proxectado no punto H (do plano do proxecto) cunha lonxitude de 366 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 6 de xuño de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo