Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 30 de xuño de 2016 Páx. 27741

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (839/2013).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 839/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Rodríguez García contra a empresa Yordi Representaciones, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva se xuntan:

«Sentenza.

Na cidade da Coruña, 3 de xuño de 2016.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 839/2013, en que son parte, dunha banda, como demandante, José Antonio Rodríguez García, comparece o seu letrado no seu nome e representación, Félix Suárez de la Fuente, e, como demandados, Yordi Representaciones, S.L. e Fogasa, que non comparecen malia teren sido citados en legal forma, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

Resolvo que, estimando a demanda interposta polo demandante José Antonio Rodríguez García, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Yordi Representaciones, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 24.984,30 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

Igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

Para que sirva de notificación en legal forma a Yordi Representaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza