Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 30 de xuño de 2016 Páx. 27762

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (68/2016).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 68/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo Antonio Ríos García González contra Fran Casais Construcciones, S.L.U. e Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decreto

Letrada da Administración de xustiza, Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2016

Antecedentes de feito

Primeiro. Eduardo Antonio Ríos García González presentou solicitude de execución de sentenza nº 368/15, ditada no PO 787/12 fronte a Fran Casais Construcciones, S.L.U. e Fondo de Garantía Salarial e, atendendo a solicitude, con data 19.4.2016 este órgano xudicial ditou auto en que se despacha orde xeral de execución pola cantidade de 8.058,61 euros de principal (6.028,68 euros de salarios + 2.029,93 euros de xuros do artigo 29.3) e de 805,86 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Segundo. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada Fran Casais Construcciones, S.L.U., realizada por decreto do 16.10.2013, ditado polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Terceiro. Para cumprir o requisito que se contén no artigo 276.3 da LXS, con data 19.4.2016 ditouse decreto en que se daba audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para sinalaren, de ser o caso, a existencia de novos bens, co resultado que consta en autos.

Fundamentos de dereito

Primeiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, unha vez declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, isto será base suficiente para considerar a súa pervivencia noutras execucións e poderase ditar o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei. Deberase dar audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens.

Segundo. Na presente execución cumpríronse os requisitos e trámites de indagación de bens establecidos nos artigos 250 e 276 da LXS, o que supón concluír, respecto da executada, a continuación da situación de insolvencia xa que non se coñecen novos bens daquela sobre os cales facer efectivas as actividades de execución, polo que, en cumprimento do efecto previsto no artigo 276.2 da LXS, procede declarar a insolvencia total, que se deberá entender provisional para todos os efectos, ata que se coñezan novos bens do executado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Parte dispositiva do decreto

Acordo:

a) Declarar o executado Fran Casais Construcciones, S.L.U. en situación de insolvencia parcial por importe de 8.058,61 euros de principal (6.028,68 euros de salarios + 2.029,93 euros en concepto de xuros do artigo 29.3) máis outros 805,86 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme esta resolución, inscribila no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei de xurisdición social).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, no Banco Santander, S.A., debendo indicar no campo concepto “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un depósito por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fran Casais Construcciones, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza