Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 30 de xuño de 2016 Páx. 27735

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2016 pola que, en execución de Sentenza do 31 de marzo de 2014, do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, se procede a dar cumprimento á resolución da sentenza de conformidade coa Resolución do 26 de novembro de 2015.

Mediante Sentenza do 31 de marzo de 2014, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, ordenábase retrotraer o procedemento selectivo na referencia CD1102-H10-567-CD-01 e anular o nomeamento proposto.

Declarado firme o dito pronunciamento, ditouse Resolución reitoral do 26 de novembro de 2015 de execución de sentenza, polo que esta reitoría dispón:

Primeiro. Anular o nomeamento como profesor contratado doutor de Miguel Cuevas Alonso, publicado no Diario Oficial de Galicia do 31 de maio de 2012.

Segundo. A dita anulación débese retrotraer ao momento da formalización do contrato como profesor contratado doutor o 14 de xuño de 2012, e a partir de dita data debe permanecer na situación laboral que tiña no momento anterior á sinatura do contrato.

Terceiro. De conformidade coa Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 19 de novembro de 2008, respecto do alcance executorio da anulación de proceso selectivo, os efectos da presente anulación de nomeamento non se estenderán a actos en que o dito profesor puidese ter intervido durante o tempo transcorrido desde a formalización do contrato como profesor contratado doutor e a publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución, en canto afectan terceiras persoas.

Vigo, 16 de xuño de 2016

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo