Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 1 de xullo de 2016 Páx. 27974

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 21 de xuño de 2016 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

A Orde da Consellería de Facenda do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño), pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (DOG núm. 220, do 18 de novembro) dispón na base II.1.3 que o prazo máximo para a realización do segundo exercicio será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

Unha vez realizado o primeiro exercicio o día 3 de xuño de 2016, tendo en conta diversas cuestións relacionadas co desenvolvemento dos exercicios e a proposta elevada para tal efecto polo tribunal cualificador deste proceso selectivo, de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, en vinte días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co disposto no artigo 49.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda