1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.
3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
4º. Teléfono: 881 54 36 35.
5º. Telefax: 881 54 27 62.
6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
d) Número de expediente: AB-SER1-16-022.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: servizo apoio técnico na xestión do sistema de seguridade da información da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.
c) División por lotes: non.
d) Prazo de execución/entrega: un ano desde a súa formalización.
e) Admisión de prórroga: si.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 72223000-4.
3. Tramitación, procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, no seu caso:
Concepto |
Puntuación |
Criterios non valorables de forma automática (sobre B) |
0 - 50 |
Plan de traballo |
0 - 25 |
Metodoloxía de traballo |
0 - 25 |
Criterios valorables de forma automática (sobre C) |
0 - 50 |
Oferta económica |
0 - 40 |
Proposta de actividade |
0 -10 |
4. Valor estimado do contrato: 206.400 euros.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 103.200 euros. Importe total: 124.872 euros.
6. Garantías exixidas:
Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2.d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n.
3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Admisión de variantes, se procede: non.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro s/n.
b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.
11. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % con fondos Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 02, prioridade de investimento 2.3, obxectivo especifico 2.3.1 e actuación 48.
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2016
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos