Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 1 de xullo de 2016 Páx. 28041

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (385/2015-acumulación).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 385/2015 deste xulgado do xocial, seguido por instancia de Raúl Ramón Buján Oulveira contra Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J y M Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., sobre despedimento se ditou Auto do 18 de marzo de 2016 cuxa parte dispositiva é:

«Parte dispositiva.

Dispoño acordar a acumulación aos presentes autos de procedemento de resolución contractual nº 151/2016 seguido ante este mesmo xulgado, continuándose a súa tramitación nun único procedemento.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de autos deste órgano xudicial, deixando copia testemuñada nas actuacións.

Notifíqueselles ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Juzgado do Social número 3 aberta no Banco Español de Crédito, conta nº 5076, debendo indicar no campo concepto, “Recurso” seguida do código “30 Social-reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-reposición”. Se efectuase diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos desta ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J y M Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza