Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 1 de xullo de 2016 Páx. 28057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Muros (expediente IN407A 2015/191-1).

Expediente: IN407A 2015/191-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: modificado 1 recuamento LMT CT RBGT Abelleira II.

Concello: Muros.

Características técnicas:

Desmontaxe do apoio que sustenta o centro de transformación intemperie Abelleira II, xunto cos elementos que o compoñen, e 4 metros de liña de media tensión que o alimenta.

Liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,214 km, coa orixe no paso aéreo a subterráneo que hai que realizar no apoio nº 27 existente da LMT MUO-806, onde actualmente se realiza a derivación ao CT Abelleira II que se vai retirar, en condutor RHZ1-2 OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no novo CT Abelleira II proxectado.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, e relación de transformación de 20.000/400 V

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 1 de xuño de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña