Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 1 de xullo de 2016 Páx. 28032

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 98/2016).

Execución de títulos xudiciais (ETX) 98/2016

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 873/2012

Sobre: ordinario

Demandante: Mª Elena Busto Gallardo

Procuradora: Yolanda Vidal Viñas

Demandados: Distribuciones Barral, S.C., Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 98/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mª Elena Busto Gallardo contra Distribuciones Barral, S.C., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2016.

Antecedentes de feito.

Único. Mª Elena Busto Gallardo presentou escrito en que solicitaba a execución de sentenza 23/2016, ditada no PO 873/2012 fronte a Distribuciones Barral, S.C., Fogasa.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Este Xulgado do Social número 1 examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución de sentenza número 23/2016, ditada no PO 873/2012, concorren os orzamentos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e debe despacharse esta de conformidade co disposto no artigo 237 da LXS e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa e a solicitude de execución presentada, a cantidade pola que se despacha execución é de 4.099,37 euros (3.062,36 euros de salarios, vacacións + 1.037,01 euros do artigo 29.3) e de 409,93 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 da LXS, polo que non excede, para os primeiros, o importe dos que se devindicarían durante un ano e, para as custas, do 10 por 100 da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LAC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado cumprise na súa integridade a obrigación, se se apreciase falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se incumprise a obrigación de manifestar bens ou se ocultasen elementos patrimoniais transcendentes na dita manifestación, poderá incrementarse o xuro legal que se deberá aboar en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumprise na súa integridade a obrigación exixida contida no título, incluído no caso de execución en diñeiro o aboamento dos xuros procesuais, se procedesen, dentro do prazo dos vinte días seguintes á data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quedase constituído ou, de ser o caso, desde que a obrigación declarada no título executivo fose exixible, non se lle imporán as custas da execución que se instase, en aplicación do prevido no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, ditado o auto pola maxistrada, a letrada da Administración de xustiza responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos en citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución de sentenza número 23/2016, ditada no PO 873/2012 a favor da parte executante, Mª Elena Busto Gallardo, fronte a Distribuciones Barral, S.C., Fogasa, parte executada, por importe de 4.099,37 euros (3.062,36 euros de salarios, vacacións + 1.037,01 euros do artigo 29.3) e de 409,93 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de Xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e quedará a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaeceren con posterioridade á súa constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1, aberta no Banco Santander, S.A., conta número 0049 3569 9200 0500 1274, e deberá indicar no campo concepto «Recurso», seguida do código «30 Social-reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o «código 30 Social-reposición». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage

Santiago de Compostela , 7 de xuño de 2016.

Antecedentes de feito.

Único. Nas presentes actuacións ditouse auto en que se despachaba execución a favor de Mª Elena Busto Gallardo fronte a Distribuciones Barral, S.C., Fogasa, pola cantidade de 4.099,37 euros (3.062,36 euros de salarios, vacacións + 1.037,01 euros do artigo 29.3) e de 409,93 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispón o artigo 551.3 da LAC que, ditado o auto que contén a orde xeral de execución, a letrada da Administración de xustiza responsable dela ditará decreto no cal se conterán as medidas executivas concretas que resulten procedentes, incluíndo o embargo de bens e as medidas de localización e investigación dos bens do executado que procedan, conforme o previsto nos artigos 589 e 590 da LAC, así como o requirimento de pagamento que deba facerse ao debedor nos casos en que o estableza a lei, e ditaranse de oficio as resolucións pertinentes conforme o artigo 237 da LXS.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Distribuciones Barral, S.C. co fin de que no prazo de 10 días aboe a cantidade de 4.099,37 euros (3.062,36 euros de salarios, vacacións + 1.037,01 euros do artigo 29.3) e de 409,93 euros, que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, e ingresarase o dito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0098 16), con apercibimento de que, en caso de non formalizar o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo da investigación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Distribuciones Barral, S.C. co fin de que no prazo de 10 días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 0049 3569 9200 0500 1274, aberta no Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto a indicación recurso, seguida do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso”, seguida do “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Distribuciones Barral, S.C., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza