Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 4 de xullo de 2016 Páx. 28287

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2016 pola que se fai pública a concesión das bolsas de formación práctica en diversas áreas para o ano 2016 convocadas pola Resolución do 9 de marzo de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 57, do 23 de marzo).

Primeiro. O día 23 de marzo de 2016 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 9 de marzo de 2016 da Axencia Turismo de Galicia, pola que se regulan as bases para a concesión de bolsas de formación práctica en diversas áreas da Axencia Turismo de Galicia para o ano 2016 e se procede á súa convocatoria.

Segundo. Tras a realización das probas e a baremación dos méritos previstos na convocatoria por parte das comisións de valoración, e unha vez transcorrido o prazo do preceptivo trámite de audiencia, o día 6 de xuño de 2016 o órgano instrutor fixo pública a lista definitiva coa puntuación final de todas as probas realizadas, segundo o informe emitido polas ditas comisións.

Terceiro. O día 8 de xuño de 2016, o director de Competitividade da Axencia Turismo de Galicia, como órgano instrutor do expediente, fixo público un informe proposta de resolución coa lista definitiva da puntuación final de todas as probas realizadas e os destinos escollidos polos bolseiros.

Cuarto. De acordo co establecido nas bases da convocatoria, e atendendo ao informe proposta elevado polo órgano instrutor, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar as bolsas ás persoas que a seguir se relacionan na contía e destino que se indica en cada caso:

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

DNI

Destino da bolsa

Duración

Importe
da bolsa

Rivera

Martínez

Patricia Elvira

33549543H

Oficina de Turismo de Lugo

6 meses

3.900,00 €

Rico

Rico

Beatriz

79337918Q

Oficina de Turismo da Coruña

6 meses

3.900,00 €

Hermida

Fariña

Nuria

77458964R

Oficina de Turismo de Pontevedra

6 meses

3.900,00 €

López

Gómez

Ana

32713073N

Oficina de Turismo de Santiago (Centro Internacional de Acollida ao Peregrino)

6 meses

3.900,00 €

Fernández

Abuín

Lidia

35487255A

Oficina de Turismo de Santiago (rúa do Vilar)

6 meses

3.900,00 €

Barreiro

Villar

Tania

53117203Z

Oficina de Turismo de Vigo

6 meses

3.900,00 €

Fernández

Barral

Álvaro

45846578B

Oficina de Turismo de Santiago (rúa do Vilar)

6 meses

3.900,00 €

Pérez

Vilarelle

Laura

45861077C

Bolsa Área de Estudos e Investigación. Bolsa A

6 meses

7.000,00 €

Núñez

Prada

Cristina

76729157F

Bolsa Área de Estudos e Investigación. Bolsa B

6 meses

7.000,00 €

Segundo. Contra esta resolución poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes computado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2016

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia