1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Infraestruturas e Vivenda.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación e Apoio Administrativo.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
4º. Teléfono: 881 99 51 74.
5º. Telefax: 981 54 43 66.
6º. Correo electrónico: contratacion.civ@xunta.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 32977
8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: 7/2016 M.
2. Obxecto do contrato.
a)Tipo: subministración.
b) Descrición: deseño e subministración de refuxios para a espera de autobuses de segundo nivel.
c) Prazo de execución: dous (2) meses de acordo co establecido na alínea F do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de prórroga: non.
e) CPV (referencia de nomenclatura): 44212321-5.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto .
c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato: 204.000,00 €.
5. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 204.000,00 €. Importe total: 246.840,00 €.
b) Garantías exixidas:
Definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE: 10.200,00 euros.
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no número 6.6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares e na alínea J do seu cadro de características.
7. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en día inhábil o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.
b) Modalidade de presentación: a sinalada no número 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.
2. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Admisión de variantes: non.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
8. Apertura de ofertas.
a) Descrición: apertura pública.
b) Dirección: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura do sobre B.
9. Subcontratación: de acordo co establecido no número 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2016
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda