En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante Resolución do 13 de xuño de 2016, o cambio de actividade forestal a agrícola nas parcelas 50 e 503 do polígono 36 do termo municipal de Monterroso (Lugo).
O proxecto foi sometido previamente á avaliación ambiental simplificada, e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 8 de abril de 2016 (DOG núm. 86, do 6 de maio).
Lugo, 14 de xuño de 2016
José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo