Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 4 de xullo de 2016 Páx. 28387

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de xuño do 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente MON-CO-0091/2016-DIS e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentar a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 59.5 desta lei, modificado pola Lei 15/2014, do 26 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2; Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 10 de xuño do 2016

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: MON-CO-0091/2016-DIS.

Denunciada: Encarnación Hermida López.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Expediente: MON-CO-0119/2016-CAF.

Denunciado: Cayetano Domínguez Martín.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Expediente: MON-CO-0138/2016-CAF.

Denunciada: María José Rodríguez Saavedra.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Expediente: MON-CO-0170/2016-DIS.

Denunciado: Francisco Vilariño López.

Acto de notificación: acordo de inicio.