Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 4 de xullo de 2016 Páx. 28407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2016 pola que se anuncia a contratación do servizo de realización de actividades de promoción e difusión dos produtos do mar nos centros de formación de hostalaría de Galicia (expediente 16/2016). Procedemento cofinanciado pola Unión Europea nun 75 % (contratación documentalmente simplificada).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: realización de actividades de promoción e difusión dos produtos do mar nos centros de formación de hostalaría de Galicia.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: 12 meses.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 79950000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non harmonizado.

Criterios de adxudicación: varios criterios recollidos na letra N da carátula do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 120.000 €; IVE (21 %): 25.200 €; importe total: 145.200 €.

Valor estimado: 240.000 €.

5. Financiamento: Unión Europea (Europeo Marítimo e de Pesca - FEMP) nun 75 % e Estado membro nun 25 %, dentro da prioridade da Unión/obxectivo/medida do FEMP: 5.1.3: medidas de comercialización.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, será posible acreditar a solvencia mediante a clasificación do empresario (grupo L, subgrupo 5 e categoría 1 ou categoría A.) segundo se indica na letra H da carátula do PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas letras J e K da carátula.

7. Garantías exixidas: definitiva (5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Enderezo: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 49 90/981 54 40 46 (consultas administrativas); 981 54 62 61/981 54 62 93 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mar@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborales, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

g) Enderezo da internet do perfil de contratante onde poderán obterse os pregos relativos a esta contratación: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=44842

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781). Poderase enviar por correo, dentro do prazo de admisión sinalado, a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax, fax (981 54 50 03) ou correo electrónico (licitacion.mar@xunta.gal).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Data e hora: a data e hora que se indiquen na páxina web expresada no punto 8.g) deste anuncio.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar