Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 4 de xullo de 2016 Páx. 28339

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 941/2012).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 941/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Pedro Pereira Garrido contra Sportauto Santiago, S.L. sobre cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto 179/2016.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2016.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 21 de novembro de 2012 tivo entrada neste órgano xudicial demanda presentada por Rubén Pedro Pereira Garrido contra Sportauto Santiago, S.L., que deu lugar á incoación do procedemento ordinario 941/2012.

Segundo. Que a parte demandante presentou escrito en que desistía da demanda e se comunicou o anterior á parte contraria sen que se opuxese a tal desistencia.

Fundamentos de dereito.

Único. Unha vez declarada polo demandante a súa vontade de abandonar o procedemento iniciado por el, e ao non se opor a parte demandada a tal desistencia, procede, de conformidade co establecido no artigo 20.3 da LAC, sobreser as actuacións.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Acordo:

Considerar que a parte demandante desiste da súa demanda e acordar o sobresemento das presentes actuacións e o arquivamento dos autos sen máis trámites.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación deste no procedemento correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Poderase interpor recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución, mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (artigo 188.2 da Lei de xurisdición social).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 0049 3569 9200 0500 1274, no Banco Santander, S.A., debendo indicar no campo concepto a indicación “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un depósito por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sportauto Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou de decreto canto poña fin ao proceso ou resolva un incidente, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza