Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28535

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Consumo

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2016 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 11 de Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración autonómica galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Consumo no primeiro cuadrimestre do ano 2016.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2016

Sol María Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Convenio

Importe

Data sinatura convenio

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Federación Galega de Asociacións de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios-Brétema para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas con que conta na Comunidade Autónoma de Galicia.

30.000 €

15 de marzo de 2016

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros de Galicia-Adicae-Galicia para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas con que conta na Comunidade Autónoma de Galicia.

25.000 €

15 de marzo de 2016

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Federación Galega de Euroconsumo para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas con que conta na Comunidade Autónoma de Galicia.

30.000 €

15 de marzo de 2016

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Unión de Consumidores de Galicia-Ucgal para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas con que conta na Comunidade Autónoma de Galicia.

25.000 €

15 de marzo de 2016

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Asociación de Consumidores y Usuarios en Marcha-Conumar para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, na oficina coa cal conta na localidade de Monforte de Lemos.

15.000 €

15 de marzo de 2016

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Federación de Usuarios e Consumidores Independentes de Galicia-Fuciga para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas con que conta na Comunidade Autónoma de Galicia.

30.000 €

21 de marzo de 2016

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Dereito) no eido do dereito de consumo e a arbitraxe de consumo.

30.000 €

1 de abril de 2016