Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 6 de xullo de 2016 Páx. 28876

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 17 de xuño de 2016, da Área Provincial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 3/2015.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A resolución obxecto de notificación ditouna o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS).

A comparecencia deberá efectuarse ante a Xefatura da Área Provincial do IGVS en Lugo, sita na avda. Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 17 de xuño de 2016

Mar Gómez Pardo
Xefa da Área Provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: 3/2015 de desafiuzamento administrativo por falta de ocupación.

Interesado: Rafael Monteiro Vargas.

DNI/NIF/NIE: ...771M.

Acto obxecto de notificación: resolución do expediente.