En cumprimento do establecido nos artigos 58, 59.5, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de que se intentase a notificación persoal no último domicilio coñecido, mediante esta cédula notifícaselle á persoa interesada que se menciona no anexo a resolución de renuncia de adxudicación dunha vivenda de promoción pública situada no barrio de Covadonga, Ourense.
Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo desta cédula, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situada na rúa Sáenz Díez, núm. 1, 32003 Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa interesada que a resolución relacionada no anexo non pon fin á vía administrativa e que poderá interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda no prazo dun mes (artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento común) a partir do día seguinte ao da súa notificación.
A eficacia desta cédula quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Ourense, 9 de xuño de 2016
Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense
ANEXO
Trámite para notificar: resolución de renuncia de adxudicación dunha VPP.
Expediente: OU-2006/010, conta 11.
Nome e apelidos: Liciana Barbosa da Silva.
DNI: ... 698T.