Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx. 29042

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 23 de xuño de 2016, do Servizo de Consumo de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 27R001-106-2016.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarios, logo de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59 sen que esta se puidese practicar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante o Servizo de Consumo de Lugo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 23 de xuño de 2016

Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo de Consumo de Lugo

ANEXO

Expedientes: 27R001-106-2016.

Interesado: Locutorio Feddys Castillo Tavarez.

CIF/NIF: X9918738-B.

Acto notificado: resolución de expediente.