Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx. 29071

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico - Inorde

ANUNCIO de licitación do procedemento aberto para a contratacion administrativa especial da prestación do servizo de explotación do mesón e albergue do complexo da estación de FF.CC. de Vilavella, no municipio da Mezquita.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación administrativa especial da prestación do servizo de explotación do mesón e albergue do complexo da estación de FF.CC. de Vilavella, no municipio da Mezquita. As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do trixésimo (30º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG (no rexistro do Inorde). A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente a quen os soliciten, no rexistro do Inorde, rúa Progreso nº 28, ou por teléfono: 988 31 79 30 e fax: 988 31 79 32 ou na páxina web do Inorde www.inorde.es

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación serán susceptibles de recurso de alzada ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (de non seren simultáneos).

Ourense, 23 de xuño de 2016

Rosendo Luis Fernández Fernández
Presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico