Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx. 29029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 22 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0022/2016-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0022/2016-PPM e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpor recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 22 de xuño de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0022/2016-PPM.

Persoa interesada: Sonia Sieiro Sampedro.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Unitaria Triñáns, Boiro.

Expediente: PSC-CO-0024/2016-PPM.

Persoa interesada: Juan José Rodríguez Pérez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Peralto, 49, 1º esquerda, Escarabote, Boiro.

Expediente: PSC-CO-0075/2016-PPM.

Persoa interesada: Francisco José Vilas Torres.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Listres de Arriba, 2, Aguiño, Ribeira.

Expediente: PSC-CO-0078/2016-PRE.

Persoa interesada: Manuel Álvarez Lema.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Campo San Xurxo, 24, 2º dereita, Camariñas.

Expediente: PSC-CO-0588/2015-PPM.

Persoa interesada: Julio Gayoso Eiroa.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Castro-Anceis, 1 C, Cambre.

Expediente: PSC-CO-0539/2015-PPM.

Persoa interesada: Camilo Manuel Santiago Lago.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avenida Fernando Blanco, 29, Cee.