Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 231/2015 deste xulgado do social se ditou resolución, con data do 8 de xuño de 2016, contra a cal non cabe interpor ningún recurso.
E para que lle sirva de notificación en legal forma a Campo de Cartas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 8 de xuño de 2016
A letrada da Administración de xustiza