Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 8 de xullo de 2016 Páx. 29437

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación da subministración sucesiva de todos os produtos consumibles e arrendamento sen opción de compra dos equipos necesarios para a realización das técnicas analíticas nos laboratorios da Estrutura de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos-Sección de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Casetas administración, planta baixa. Sección de Contratación Administrativa.

2. Enderezo: rúa Ramón Puga, 52-54.

3. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4. Teléfono: 988 38 59 49.

5. Fax: 881 54 70 69.

6. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: MS-EIO1-16-003.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración sucesiva.

b) Descrición: subministración sucesiva de todos os produtos consumibles e arrendamento sen opción de compra dos equipos necesarios para a realización das técnicas analíticas dos laboratorios da Estrutura de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

c) División por lotes e número de lotes: si. 9 lotes.

d) Lugar de execución/entrega: ver punto 8.2 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP).

e) Prazo de execución: 48 mensualidades contadas segundo o disposto no punto 2.3.1 do PCAP.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: si.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura):

33696500-0 Reactivos de laboratorio.

38434540-3 Equipo biomédico.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Subasta electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver punto 6.5 do PCAP.

4. Valor estimado do contrato: 14.042.318,42 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 10.801.783,40 €. Importe total: 13.070.157,89 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de licitación do lote/s adxudicado/s, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoria), de ser o caso: non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver puntos 5.3.1.f) e 5.3.1.g) do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non proceden.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 26 de xullo de 2016. Se o último día da presentación de ofertas coincidise en sábado ou día inhábil na localidade establecida no punto 1.c.3 desta resolución, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver punto 5.1 do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

2º. Enderezo: Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Edificio Hospital Santa María Nai, planta menos 3. Ramón Puga, 56.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

d) Número previsto de empresas ás que se pretende invitar a presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non procede.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver punto 5.6.4 do PCAP.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: ver punto 6 do PCAP.

b) Enderezo: sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, 5ª planta do Edificio Cirúrxico, rúa Ramón Puga, 52.

c) Localidade e código postal: Ourense 32005.

d) Data e hora: a data e hora de apertura dos sobre B e C publicaranse no perfil de contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Ver punto 3.5 do PCAP.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 20 de xuño de 2016.

12. Outras informacións: advertido erro material na documentación que compón o expediente para a contratación da subministración sucesiva obxecto do presente anuncio de licitación, procede facer a oportuna corrección no sentido que se indica a continuación:

En todos os documentos do mencionado expediente, nos que se faga referencia a un valor estimado do contrato de «14.042.318,41», ten que dicir «14.042.318,42».

Ourense, 20 de xuño de 2016

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras