Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 8 de xullo de 2016 Páx. 29354

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 7 de xuño de 2016, da Xerencia da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, polo que se comunica a publicación de convocatoria pública para a provisión dos postos de supervisión de Unidade de Consultas Externas do Hospital Montecelo, supervisión de Unidade de Rehabilitación, supervisión de Unidade de Esterilización, supervisor/a de Procesos de Xestión e supervisor/a xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 47, do 7 de marzo), e a Orde do 28 de setembro do 2011 pola que se desenvolve a Estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG nº 188, do 30 de setembro), modificada por Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), o xerente da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de avaliación colexiada, os postos de Supervisión de Unidade de Consultas Externas do Hospital Montecelo, Supervisión de Unidade de Rehabilitación, Supervisión de Unidade de Esterilización, supervisor/a Procesos de Xestión e supervisor/a xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Segundo. As retribucións dos postos ofertados serán as que correspondan de acordo coa orde anual pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no Rexistro de Entrada da Xerencia da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, sito na rúa Loureiro Crespo, nº 2, de Pontevedra, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e do Hospital do Salnés, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) e na intranet da EOXI de Pontevedra e O Salnés.

Pontevedra, 7 de xuño de 2016

José Manuel González Álvarez
Xerente da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés