Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 8 de xullo de 2016 Páx. 29398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 9 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se dá publicidade á resolución pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Unión de Empresas Madereras, S.A. para a planta de produción de taboleiros de partículas situada no concello de Coristanco (A Coruña) (expediente 2014-IPPC-99-301).

De conformidade co artigo 23.3 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, dáse publicidade á Resolución do 23.5.2016 pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Unión de Empresas Madereras, S.A. para a planta de produción de taboleiros de partículas situada no concello de Coristanco (A Coruña).

Esta resolución pódese consultar no seguinte enlace:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada e/ou nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2ª planta).

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental