De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, no artigo 25 do anexo I da Orde do 15 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas á creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código do procedemento IN541A), por medio desta resolución publícase o extracto das axudas outorgadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria ao abeiro da dita orde.
a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 15 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas á creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código do procedemento IN541A).
b) Aplicación orzamentaria: 09.20.732A.760.1.
c) Crédito orzamentario: 1.000.000 euros.
d) Destinatarios: concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Finalidade: creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Beneficiarios e importe das axudas: no anexo a esta resolución recóllense os beneficiarios e o importe.
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2016
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas
ANEXO
Subvencións concedidas
Expediente |
Beneficiario |
NIF |
Contía da axuda (€) |
IN541A_2016/06 |
Concello de Boiro |
P1501100J |
78.639,61 |
IN541A_2016/01 |
Concello de Cambados |
P3600600E |
100.540,66 |
IN541A_2016/08 |
Concello de Cerceda |
P1502400C |
235.673,02 |
IN541A_2016/03 |
Concello de Friol |
P2702000G |
129.020,47 |
IN541A_2016/02 |
Concello de Outeiro de Rei |
P2703900G |
216.642,07 |
IN541A_2016/04 |
Concello de Vilanova de Arousa |
P3606100J |
239.484,17 |