Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 8 de xullo de 2016 Páx. 29412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Boqueixón-Granxa II (Boqueixón-A Coruña) para seren notificados, por comparecencia, dunha resolución que modifica o acordo de concentración.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria de Boqueixón-Granxa II (Boqueixón-A Coruña), que se relacionan no anexo, para ser notificados dunha resolución que modifica o acordo de concentración da devandita zona e que os afecta.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro da resolución, os interesados poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución.

A Coruña, 21 de xuño de 2016

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: Resolución do 2.5.2016 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

Interesados:

Andrea Ferreiro Sampedro.

Manuel Lamego Carrillo.

Pilar Rendo Mosquera.