Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 8 de xullo de 2016 Páx. 29416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 22 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o levantamento da suspensión do expediente PESAN1 2008/001705-1.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o levantamento da suspensión do expediente PESAN1 2008/001705-1.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do levantamento da suspensión e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada dispón dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propor proba en que se concreten os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 22 de xuño de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PESAN1 2008/001705-1.

Persoa interesada: Roberto Carlos Calvo Castiñeiras.

Acto de notificación: levantamento da suspensión.

Último enderezo coñecido: avenida Santa Cecilia, Urbanización Fonte da Cruz, 1º esquerda, Narón.