Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 8 de xullo de 2016 Páx. 29332

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2016 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2016 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, modificada pola Lei 10/1989, de 10 xullo, convócanse as actividades de formación continua correspondentes ao segundo semestre do ano 2016, para o persoal ao servizo da Administración autonómica de Galicia, que se detallan nos anexos desta resolución.

RESOLVO:

Publicar a convocatoria das actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2016

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I
Bases

Primeira. Requisitos dos participantes

Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución:

1. Os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que se encontran en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria e para cada un dos casos no anexo II. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o persoal do Servizo Galego de Saúde. Non se entende por tal os empregados públicos da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas a empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas, cando así se estableza na epígrafe «destinatario» da actividade formativa.

3. Así mesmo, os empregados públicos sinalados no parágrafo anterior poderán acceder a todas as actividades formativas desta convocatoria nas que queden prazas vacantes.

Toda persoa solicitante que ao inicio da actividade formativa estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <http://egap.xunta.es>.

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <http://egap.xunta.es/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de cursos que se pode solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco en todas as convocatorias cuxo prazo de matrícula sexa coincidente.

4. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais das actividades. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no cal xa foi seleccionado debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas, e o alumnado pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

6. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

7. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

8. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

9. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade, etc), de acordo cos criterios de selección, deberán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>, sen prexuízo do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro). A dita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

10. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35, e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>.

Cuarta. Presentación de documentación

Dentro do prazo de presentación de solicitudes establecido no punto 1 da base terceira, os empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas, cuxos datos non figuren na base de datos da Dirección Xeral de Función Pública e teñan interese en solicitar algunha actividade formativa, que a eles vaia dirixida, deberán presentar na EGAP, xunto cunha copia do formulario de solicitude, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>, sen prexuízo do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), a seguinte documentación:

– Certificado expedido polo órgano responsable de persoal de que dependa a persoa solicitante que indique a súa situación administrativa, o tipo de persoal e a antigüidade na Administración. A falta de presentación destes documentos acreditativos dará lugar á exclusión da persoa solicitante.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública de 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo).

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.es> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas.

O prazo de presentación de alegacións será de cinco días naturais desde a súa publicación.

Ademais, quen facilite os correspondentes datos na solicitude será informado da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica. Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda, todo isto de acordo co disposto no artigo 59.6.b) da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.es> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Pública cunha antelación mínima de tres días hábiles anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, ademais do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. A asistencia e a puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia nas actividades presenciais:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante os responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

d) Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 75 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Realización de probas

a) Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar as probas de avaliación que para os efectos se establezan, tanto na modalidade de teleformación como nos cursos que se impartan de xeito presencial. As probas poderanse desenvolver de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

b) Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A asistencia á sesión presencial, se a houber.

– A adecuada realización de todas as actividades que o titor propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

– A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas e o horario en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e do horario da proba final.

Novena. Certificados

a) A EGAP poderá expedir dúas clases de certificados, de asistencia e de aproveitamento. A convocatoria de cada acción formativa determinará que tipo de certificado corresponderá aos alumnos que participen nos cursos.

b) Para a obtención do certificado de asistencia, o alumnado deberá participar con regularidade e dedicación no desenvolvemento da acción formativa. Para os efectos de avaliar os coñecementos adquiridos polo alumnado, a EGAP poderá fixar a realización das probas que considere oportunas.

c) Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, quen emitirá un informe que declare apto ou non apto a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

En caso de non superar a proba, tampouco se facilitará certificado de asistencia.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Destinatarios

Localidade/
Modalidade

Datas

Horario

Data proba de avaliación

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

FC16238

Ética pública: os códigos éticos e o código ético da Xunta de Galicia

25

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Persoal funcionario e laboral que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e persoal que presta servizos en institucións autonómicas.

Santiago de Compostela

17/10 a 26/10

16.30 a 19.30 h

(L, Me)

26/10

FC16242

A aplicación dos tributos. Os seus procedementos de aplicación

20

20

Aproveitamento

Todo o persoal da Administración da Xunta de Galicia, pertenza ou non á escala de finanzas, dos subgrupos A1, A2, C1, C2, que teña nocións básicas ou medias en materia tributaria e pretenda reforzalas ou que estean desempeñando as funcións relacionadas co contido do curso na Atriga.

Santiago de Compostela

6, 8, 13, 15 e 16 de setembro

16.00 a 20.00 h

16/09

FC16242

A aplicación dos tributos. Os seus procedementos de aplicación

20

20

Aproveitamento

Todo o persoal da Administración da Xunta de Galicia, pertenza ou non á escala de finanzas, dos subgrupos A1, A2, C1, C2, que teña nocións básicas ou medias en materia tributaria e pretenda reforzalas ou que estea desempeñando as funcións relacionadas co contido do curso na Atriga.

Santiago de Compostela

3, 5, 7, 11 e 14 de outubro

16.00 a 20.00 h

14/10

FC16243

Os contratos do sector público

25

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

05/09 a 05/10

16.30 a 19.30 h

(L e Me)

05/10

FC16243

Os contratos do sector público

25

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

04/10 a 10/11

9.00 a 12.00 (M, X) (salvo 11/10 e 1/11)

10/11

FC16247

A reforma parlamentaria. Os cambios legais e regulamentarios

50

15

Aproveitamento

Persoal da Xunta de Galicia e restante do sector público autonómico.

Teleformación

10/10 a 24/10

Teleformación

26/10

FC16248

A transparencia da Administración e bo goberno (normativa estatal e autonómica)

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e persoal funcionario e laboral que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e persoal que presta servizos en institucións autonómicas.

Teleformación

24/10 a 16/11

Teleformación

18/11

FC16250

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

06/09 a 25/09

Teleformación

28/09

FC16252

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terá preferencia o persoal funcionario dos subgrupos A1 e A2 e I e II para o persoal laboral.

Teleformación

05/09 a 28/09

Teleformación

30/09

FC16253

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terá preferencia o persoal funcionario dos subgrupos A1 e A2 e I e II para o persoal laboral.

Teleformación

05/09 a 28/09

Teleformación

30/09

FC16254

O impulso democrático en Galicia: medidas lexislativas

50

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
Persoal funcionario e laboral que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e persoal que presta servizos en institucións autonómicas.

Teleformación

05/09 a 19/09

Teleformación

22/09

FC16255

Política orzamentaria e desenvolvemento normativo na Comunidade Autónoma.Tributos propios e tributos cedidos

50

18

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

05/09 a 22/09

Teleformación

27/09

FC16264

Lei do solo de Galicia

30

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia adheridas á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Santiago de Compostela

3, 4 e 5, 10 e 11 de outubro

9.00 a 14.00 h

11/10

FC16266

Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia

25

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

15/09 a 07/10

17.00 a 20.00 h

(M, X)

07/10

Unión europea. políticas públicas e procedementos comunitarios

FC16234

Demografía europea: aplicacións en Galicia

20

24

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

20/09 a 6/10

16.30 a 20.30 h

06/10

FC16235

Inmigración, asilo e refuxio na UE

20

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

25/10 a 17/11

16.30 a 20.30 h

17/11

FC16236

Interreg V-A: Utilidades e xestión

20

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

9/11 a 30/11

16.30 a 20.30 h

30/11

FC16239

Ferramentas xurídicas europeas para a mellora da economía

20

24

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
Persoal funcionario e laboral que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e persoal que presta servizos en institucións autonómicas.

Santiago de Compostela

4/10 a 25/10

16.30 a 20.30 h

(M, X)

(O día 11 non hai clase)

25/10

FC16240

Novas políticas públicas da UE e a súa aplicación en Galicia

20

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Persoal funcionario e laboral que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e persoal que presta servizos en institucións autonómicas.

Santiago de Compostela

10/11 a 1/12

16.30 a 20.30 h

(M, X)

01/12

FC16241

A acción exterior das comunidades autónomas: orixe e situación actual

20

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

19/09 a 17/10

16.30 a 20.30 h

17/10

FC16251

Introdución ao dereito da UE para os xestores públicos

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Persoal funcionario e laboral que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e persoal que presta servizos en institucións autonómicas.

Teleformación

19/09 a 18/10

Teleformación

20/10

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

FC16229

Comunicación escrita e elaboración de informes

25

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Coruña

19, 20, 21, 22, 26, 27 e 28 de setembro

16.30 a 19.30 h Último día: 16.30 a 18.30 h

28/09

FC16229

Comunicación escrita e elaboración de informes

25

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lugo

17, 18, 19, 20, 24, 25 e 26 de outubro

16.30 a 19.30 h Último día: 16.30 a 18.30 h

26/10

FC16229

Comunicación escrita e elaboración de informes

25

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ourense

24, 25, 26, 27/10 e 2, 3, 4/11

16.30 a 19.30 h Último día: 16.30 a 18.30 h

04/11

FC16229

Comunicación escrita e elaboración de informes

25

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Pontevedra

7, 8, 9, 10, 14, 15 e 16/11

16.30 a 19.30 h Último día: 16.30 a 18.30 h

16/11

FC16229

Comunicación escrita e elaboración de informes

25

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

14, 15, 16, 21, 22 e 23/11

10.00 a 14.00 h Último día: 16.30 a 18.30 h

23/11

FC16229

Comunicación escrita e elaboración de informes

25

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vigo

21, 22, 23, 24, 28, 29 e 30/11

16.30 a 19.30 h Derradeiro día 16.30 a 18.30 h

30/11

FC16230

Xestións de contidos en portais web institucionais

25

24

Aproveitamento

Empregados e empregadas públicas que de maneira continuada ou puntual actualizan contidos en webs institucionais ou elaboran textos, imaxes ou documentos dirixidos á súa publicación en webs.

Santiago de Compostela

08/11 ao 24/11

9.00 a 13.00 h

(M e X)

24/11

FC16231

Organización e simplificación do traballo administrativo

25

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

27/09 a 06/10

16.30 a 19.30 h

(M e X)

06/10

FC16232

Produtividade persoal co método GTD (Getting Things Done) e a súa relación con TIC

25

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

03/10 a 13/10

16.30 a 20.30 h

13/10

FC16237

Linguaxe xestual, corporal e oral. Técnicas de comunicación entre o empregado público e a cidadanía

25

15

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e persoas á fronte de postos directivos e /ou de responsabilidade ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lofaxga (Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico (DOG do 31)).
Ademais, o persoal dependente do Parlamento de Galicia, do Valedor do Pobo, do Consello de Contas e do Consello Consultivo.
En especial aqueles que manteñen un trato directo co público.

Santiago de Compostela

03/11 a 17/11

16.30 a 19.30 h

(M e X)

17/11

FC16244

Técnicas para falar mellor en público e nos medios de comunicación

20

15

Aproveitamento

Persoal e/ou cargos das administracións públicas que adoitan falar en público ou nos medios de comunicación frecuente ou esporadicamente e que desexen mellorar as súas técnicas, corrixir os seus fallos ou mesmo tratar os medos escénicos.

Santiago de Compostela

05/09 a 19/09

16.30 a 19.30 h

(L e Me)

19/09

FC16245

Desenvolvemento e fomento das habilidades comunicativas na Administración pública

25

24

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
Persoal funcionario e laboral que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e persoal que presta servizos en institucións autonómicas.

Santiago de Compostela

13/09 a 06/10

16.30 a 19.30 h

(M e X)

06/10

FC16246

Destrezas lingüísticas para a redacción de textos na web

25

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mixto

05/10 a 05/11

Clases presenciais. 5, 6, 18, 25 e 27 de outubro das 9.00 ás 12.00 h.

(Santiago de Compostela)

05/11

FC16249

Como deseñar presentacións eficaces

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

07/09 a 26/09

Teleformación

29/09

FC16257

Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento de Writer e acceso á internet.

Teleformación

05/10 a 24/11

Teleformación

29/11

FC16258

Xestión de conflitos

25

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

06/09 a 06/10

16.30 a 19.30

(M e X)

06/10

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

FC16226

Apoio á Implantación do Esquema nacional de interoperabilidade

25

25

Aproveitamento

Empregados públicos das administracións públicas, con perfil eminentemente técnico, que desenvolvan as súas funciones en áreas relacionadas coa materia deste curso.

Santiago de Compostela

05/09 a 28/09

16.30 a 19.30 h

(L e Me)

Último día:

16.30 a 20.30 h

28/09

FC16227

Sinatura electrónica

25

25

Aproveitamento

Empregados públicos das administracións públicas, cun perfil eminentemente técnico, que conten cos medios técnicos necesarios para realizar este curso.

Santiago de Compostela

2/11 a 28/11

16.30 a 19.30 h

Días 2 e 7 ata as 20.00 h

28/11

FC16228

Servizos Cloud da Administración electrónica: Sede electrónica, Acceda, Portasinaturas, Corinto

25

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, cun perfil eminentemente técnico, que desenvolvan as súas funcións en áreas relacionadas coa materia deste curso.

Santiago de Compostela

11/10 a 08/11

(M e X)

16.30 a 19.30 h

08/11

FC16256

Seguridade dixital a nivel de usuario

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

05/10 a 05/11

Teleformación

09/11

FC16265

Xestión de documentos dixitais nas administracións. Rexistro electrónico. Dixitalización, identificación e autenticación

20

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia dos subgrupos A1 e A2.

Santiago de Compostela

17/10 a 26/10

(L e Me)

10.00 a 13.30 h

Último día 9.00 a 14.00 h

26/10

FC16265

Xestión de documentos dixitais nas administracións. Rexistro electrónico. Dixitalización, identificación e autenticación

20

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia dos subgrupos A1 e A2.

Santiago de Compostela

03/11 a 15/11

(M e X)

10.00 a 13.30 h

Último día 9.00 a 14.00 h

15/11

FC16289

Como traballar a educación emocional infantil

25

15

Aproveitamento

Persoal das escolas infantís do consorcio e da Xunta.

Santiago de Compostela

12, 13 e 14 de setembro

9.00 a 14.00 h

14/09

Portal de idiomas

FC16233

Linguaxe de signos

25

40

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

12/09 a 7/11

(L e Me)

16.30 a 19.00 h

07/11

Coñecementos transversais

FC16284

Riscos psicosociais. Que son, como avalialos e abordar as solucións.

25

15

Aproveitamento

Responsables de prevención, prevención de riscos e saúde laboral de todo tipo de organizacións, así como persoas interesadas en xeral.

Santiago de Compostela

21, 22, 28 e 29 de setembro

10.00 a 14.00 h Último día:

10.00 a 13.00 h

29/09

FC16297

Novas directivas de contratación pública e a súa transposición

25

12

Aproveitamento

Persoal traballador da Administración pública galega con responsabilidade directa sobre a contratación administrativa.

Santiago de Compostela

8, 10 e 15 de novembro

16.30 a 20.30 h

15/11

Específicas do sector competencial

FC16285

Auxiliar xeriátrico

20

16

Aproveitamento

Persoal de atención directa a persoas residentes en institucións sociais da área de Benestar, Xunta e Consorcio.

Santiago de Compostela

24, 25, 26, 27 de outubro

16.30 a 20.30 h

27/10

FC16296

Casos prácticos de inspección ambiental. Verteduras ao dominio público hidráulico

25

15

Aproveitamento

Persoal das gardarías fluviais de Augas de Galicia.

Santiago de Compostela

20/09, 22/09, 28/09 e 06/10

16.00 a 20.00 h

06/10

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

FC16122

Procedemento administrativo no ámbito do turismo

25

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Axencia Turismo de Galicia.

Santiago de Compostela

15, 22 e 29 setembro e 6 e 20 outubro

9.00 a 14.00 h

20/10

FC16267

Tramitación do gasto e procesado da información en Xumco2

15

12

Aproveitamento

Persoal da Axencia de Turismo de Galicia, preferentemente o persoal que traballa en áreas de xestión económica e orzamentaria.

Santiago de Compostela

29 de setembro e 6 e 13 de outubro

9.00 a 13.00 h

13/10

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)

FC16288

ITIL - Taller práctico

20

50

Aproveitamento

Persoal informático funcionario ou laboral ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas no apartado a) do artigo 45 da Lofaxga (Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico (DOG do 31)). De non se cubriren as prazas con este colectivo, poderá optar ao curso o resto de empregados públicos da Administración autonómica galega sempre que no desenvolvemento das súas funcións manteña relación coa provisión e/ou soporte de servizos TI.

Mixto

Clases presenciais:

13, 15, 20 e 23 de setembro, 11, 18 e 21 de outubro

(Santiago de Compostela)

9.00 a 13.20 h

24/10

FC16291

Implantación da administración Electrónica na Xunta de Galicia

50

30

Aproveitamento

Preferencia a persoal informático funcionario ou laboral con destino actual na Amtega e que estea a realizar tarefas de dirección ou xestión de proxectos de desenvolvemento de aplicacións informáticas. De non se cubriren as prazas con este colectivo, poderá optar ao curso o resto de empregados públicos da Administración autonómica galega que no desenvolvemento das súas funcións empreguen sistemas TIC.

Teleformación

19/09 a 19/10

Teleformación

24/10

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

FC16273

Aproximación multidisciplinar á deterioración cognitiva. Repercusións xurídicas

30

12

Aproveitamento

Psicólogos, traballadores sociais e médicos forenses.

Santiago de Compostela

17, 18 novembro

Día 17: de 10.00 a 14.00 h e 15.30 a 19.30 h
Día 18: 10.00 a 14.00 h

18/11

FC16270

Habilidades e recursos para a xestión e avaliación da calidade dos servizos públicos

25

30

Aproveitamento

Persoal funcionario de carreira ou laboral fixo dos subgrupos A1, A2, I e II ou equivalentes, dependentes da Administración xeral autonómica ou de entidades do sector público autonómico.

Santiago de Compostela

24 a 26 outubro e 7, 8, 14, 15 e 16 novembro

16.30 a 20.30 h

16/11

FC16271

Transparencia e acceso á información pública

25

18

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, dos subgrupos A1, A2, C1, C2, I, II, III e IV.

Santiago de Compostela

9, 10, 15, 17, 22 e 24 de novembro

16.30 a 19.30 h

24/11

Secretaría Xeral de Igualdade

FC16269

Aspectos prácticos na valoración pericial en violencia de xénero: metodoloxía e estratexias

30

16

Aproveitamento

Psicólogos, traballadores sociais e médicos forenses do Imelga.
Outros profesionais implicados no tratamento xudicial da violencia de xénero.

Santiago de Compostela

18 e 19 de outubro

10.00 a 14.00 h e 15.30 a 19.30 h

19/10

FC16276

Violencia de xénero e mulleres con discapacidade

50

30

Aproveitamento

Persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

15/09 a 15/10

Teleformación

20/10

FC16290

A trata de seres humanos con fins de explotación sexual: a nova escravitude do século XXI

50

21

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

25/10 a 14/11

Teleformación

18/11

Asesoría Xurídica Xeral

FC16272

Aspectos destacados das novas leis: a Lei do procedemento administrativo común e a Lei do sector público

20

24

Aproveitamento

Funcionarios do subgrupo A1 ou titulados superiores da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela

21/11 a 29/11

16.00 a 20.00 h

29/11

Servizo de Prevención de Riscos Laborais

FC16277

Prevención de riscos laborais nas actividades agroforestais, mantemento e conservación de infraestruturas en espazos abertos

50

20

Aproveitamento

Dirixido ao persoal da Consellería de Medio Rural e Mar e da Consellería de Medio Ambiente, Transportes e Infraestruturas que fan labores forestais, de limpeza, de conservación e de mantemento de infraestruturas que se encontran ao aire libre.

Teleformación

5/09 a 24/09

Teleformación

27/09

FC16277

Prevención de riscos laborais nas actividades agroforestais, mantemento e conservación de infraestruturas en espazos abertos

50

20

Aproveitamento

Dirixido ao persoal da Consellería de Medio Rural e Mar e da Consellería de Medio Ambiente, Transportes e Infraestruturas que fan labores forestais, de limpeza, de conservación e de mantemento de infraestruturas que se encontran ao aire libre.

Teleformación

3/10 a 22/10

Teleformación

26/10

FC16278

Prácticas preventivas ante agresións para o persoal de atención ao público

50

25

Aproveitamento

Persoal que presta servizos en atención directa co público.

Teleformación

21/09 a 15/10

Teleformación

20/10

Consellería de Facenda

FC16268

Certificación de Feder e FSE no Sistema de información Fondos1420

15

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
Persoal funcionario e laboral que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Santiago de Compostela

21/11 a 24/11

16.30 a 19.30 h

24/11

FC16292

O programa operativo Feder Galicia 2014-2020

30

30

Aproveitamento

Persoal da Administración autonómica, incluídos os entes instrumentais, relacionados directamente coa xestión de actuacións que se van financiar no marco do P.O. 2014-2020.

Santiago de Compostela

18, 20, 25 e 27 outubro

8.30 a 14.30 h 16.00 a 18.00 h

27/10

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

FC16286

Curso avanzado de análise de información xeográfica. SIX e IDEG

25

30

Aproveitamento

Persoal técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (enxeñeiros e arquitectos ) dos subgrupos A1 e A2 que no seu traballo xeren, xestionen ou empreguen información xeográfica.
Deberase acreditar coñecementos previos de sistemas de información xeográfica.

Santiago de Compostela

19, 20, 21, 22, 26 e 27 de setembro
4 e 5 de outubro

16.00 a 19.45 h

05/10

FC16293

Monitorización na inspección ambiental de Galicia de actividades IPPC

30

30

Aproveitamento

Inspectores ambientais da Xunta de Galicia.
Técnicos superiores que realizan funcións de calidade e/ou avaliación ambiental.
Técnicos superiores do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

Santiago de Compostela

13, 15, 20 e 22 de setembro; 4, 6, 18, 20, 25 e 27 de outubro

16.30 a 19.30 h

27/10

Consellería de Economía, Emprego e Industria (Emprego)

FC16294

Emprego de plataformas elevadoras móbiles de persoas

20

16

Aproveitamento

Persoal do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e persoal técnico dos servizos de prevención de riscos laborais da Xunta de Galicia e do Servizo Galego de Saúde.

O Porriño-Pol. Industrial As Gándaras

20 e 21 de setembro

9.30 a 14.00 h e 15.00 a 18.30 h

21/09

FC16295

Selección e uso dos equipamentos de protección individual

20

15

Aproveitamento

Persoal técnico do Issga e técnicos dos servizos de prevención de riscos laborais da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela

22 e 23 de novembro

Día 22: 9.30 a 14.00 e 15.00-18.30 h
Día 23: 9.30 a 14.00 e 15.00 a 17.30

23/11

Consellería de Economía, Emprego e Industria (Economía)

FC16274

Arbitraxe de consumo

35

20

Aproveitamento

Empregados públicos do IGC.

Santiago de Compostela

13, 15, 20 e 27 de setembro

9.00 a 14.00 h

27/09

FC16275

A contratación con consumidores

35

15

Asistencia

Empregados públicos que tramiten e resolvan reclamacións dos consumidores.

Santiago de Compostela

14, 21 e 28 de novembro

9.00 a 14.00 h

28/11

FC16287

Eficacia xurídica das actas e das dilixencias de inspección

35

20

Aproveitamento

Inspectores/as e subinspectores/as e outros empregados públicos que instrúan, tramiten e resolvan procedementos sancionadores.

Santiago de Compostela

18, 19 e 20 de outubro

9.00 a 14.00 h

16.00 a 19.00 h

20/10

Consellería do Medio Rural

FC16279

Primeiros auxilios e técnicas de rescate en traballos de poda mediante gabeo

35

30

Aproveitamento

O curso está dirixido ao persoal da Administración encargado de realizar labores de poda en altura mediante gabeo de arboredo ben sexa como operario, como encargado de equipo ou como formador de alumnado en materia de gabeo de arboredo.
Deberá ter coñecementos e práctica sobre gabeo de arboredo e levar consigo o equipo necesario (se é posible), para facilitar a realización de prácticas (arnés, cordas e cordinos, casco, aparellos mecánicos de ascenso e descenso de árbores). Imprescindible calzado e roupa adecuados para a actividade.

Sergude

2, 5, 6, 7, 8, 9 e 12 de setembro

3 días: 15.30 a 19.30 e 4 días: 15.30 a 20.00 h

12/09

FC16280

A actuación inspectora no control da calidade alimentaria: actuacións, procedementos, redacción de informes. Novidades lexislativas que afectan o réxime sancionador relacionado coa calidade alimentaria

35

20

Aproveitamento

Terán preferencia para a asistencia ao curso os inspectores de control de calidade alimentaria e persoal técnico (funcionarios de carreira e interino) dependentes da Subdirección de Industrias e Calidade Alimentaria, tanto dos servizos provinciais como dos servizos centrais, instrutores dos expedientes sancionadores de calidade alimentaria, así como persoal do Ingacal con función de control e certificación sobre produtos acollidos a algunha DOP e IXP. De quedaren prazas vacantes, atenderanse prioritariamente as solicitudes presentadas por funcionarios doutras unidades (Sanidade, Consumo, Mar, Comercio....) que exerzan función de control de alimentos.

Santiago de Compostela

5, 6, 19 e 20 de outubro

Días 5 e 20:

10.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 h

Días 6 e 19:

10.00 a 14.00 h

20/10