Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 11 de xullo de 2016 Páx. 29661

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (DOG número 114, do 18 de xuño), pola que se fixa a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio.

Na sesión do 30 de xuño de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de abril de 2016 (DOG núm. 72, do 15 de abril),

ACORDOU:

Que o segundo exercicio da fase de oposición terá lugar o venres 22 de xullo de 2016 e que o lugar de realización será nas dependencias da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas. Dada a necesidade de realizar a proba en varias quendas consecutivas, estímase que tras o chamamento inicial todos os/as aspirantes deberán permanecer nas instalacións ata as 19.00 horas.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2016

Mercedes Cardelle Espasandín
Presidenta do tribunal