Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 11 de xullo de 2016 Páx. 29702

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 27 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamentos do prezo xusto e xuros no expediente de expropiación IN407A 2012/182, no concello de Cedeira.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou o medio a que se refire o punto 1 deste artigo, ou ben intentada a notificación, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de pagamentos do prezo xusto e xuros, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, CTI e RBT Fragoso, no concello de Cedeira (expediente IN407A 2012/182), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 27 de xuño de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2012/182.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: LMTA, CTI e RBT Fragoso.

Concello: Cedeira (A Coruña).

Predio

Titularidade

Enderezo

Data

Hora

4

Herdeiros de Santa Fernández Candamio

Ignorado

10.8.2016

11.30