Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 11 de xullo de 2016 Páx. 29727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 22 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PESAN1 2008/001705-1.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, a proposta de resolución do expediente PESAN1 2008/001705-1.

A eficacia do acto queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulgue oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 22 de xuño de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PESAN1 2008/001705-1.

Persoa interesada: Roberto Carlos Calvo Castiñeiras.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: avenida Santa Cecilia, Urbanización Fonte da Cruz, 1º esquerda, Narón.