Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 11 de xullo de 2016 Páx. 29766

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de licitación do contrato do servizo do seguro de accidentes colectivo do personal do Concello e dos seus entes dependentes.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Rúa Michelena, número 30, 36071. Órgano de contratación: Xunta de Goberno local.

2. Obxecto: a prestación do servizo do seguro de accidentes colectivo do persoal do Concello de Pontevedra e os seus entes dependentes.

3. Procedemento e forma: aberto. Varios criterios.

4. Valor estimado: 39.560,00 € (inclúe o da posible prórroga e modificacións previstas).

5. Garantía provisional: non. Garantía definitiva: 5 % do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación. Calle Michelena, 30, 36071. Tfno.: 986 80 43 00. Fax: 886 21 28 43. www.pontevedra.gal

7. Presentación de ofertas: cláusulas 6 e 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación e apertura de ofertas: segundo se especifica nos pregos,

• Mellor oferta económica: ata 60 puntos.

• Participación en beneficios: ata 10 puntos.

• Aumento en indemnizacións: ata 30 puntos, segundo se detalla no PCAP.

Pontevedra, 15 de xuño de 2016

O alcalde
P.D. (Resolución do 13.6.2015)
Raimundo González Carballo
Concelleiro da Área de Contratación e Facenda