Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29890

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de diversos postos de persoal licenciado sanitario (xefaturas de unidade de atención primaria).

Convocada por Resolución do 28 de abril de 2016 (DOG nº 97, do 24 de maio) a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de xefatura de servizo de atención primaria, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos de persoal licenciado sanitario (xefaturas de unidade de atención primaria), anunciado por Resolución do 28 de abril de 2016 (DOG nº 97, do 24 de maio).

Segundo. Nomear no posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Vigo, 15 de xuño de 2016

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

Posto de traballo: xefe de Unidade de Atención Primaria das Neves.

Nome e apelidos: Irene Valle González.

DNI: 76995962N.

Posto de traballo: xefe de Unidade de Atención Primaria de Salvaterra.

Nome e apelidos: Juan Antonio Gómez Villalobos.

DNI: 08833302Z.

Posto de traballo: Xefe de Unidade de Atención Primaria de Tomiño.

Nome e apelidos: Xesús Eladio Fernández Núñez.

DNI: 36033628B.