Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29879

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 14 de xuño de 2016 pola que se autoriza o cambio de denominación do instituto de educación secundaria de Culleredo, no concello de Culleredo.

De conformidade co previsto nos artigos 3.1 e 2 do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, aprobado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: A Coruña.

Concello: Culleredo.

Código: 15032935.

Denominación actual: Instituto de Educación Secundaria de Culleredo.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Rego de Trabe.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria