Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29881

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2016 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 15 de febreiro de 2016 pola que se aproban as bases e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea e polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2015/16.

Mediante a Orde do 15 de febreiro de 2016 (DOG do 26 de febreiro), convocáronse axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea e polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, no marco do Programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2015/16, e aprobáronse as bases desta convocatoria.

De acordo co establecido no artigo 10 desta convocatoria, as solicitudes foron estudadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria, a cal acordou a exposición das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas. As persoas interesadas poderán formular, durante un prazo de 10 días, as reclamacións ou emendar as carencias ou deficiencias detectadas na documentación achegada ante a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Rematado este prazo, e de acordo co establecido no artigo 11 das bases da convocatoria, e atendendo á proposta elevada pola citada comisión avaliadora a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,

RESOLVO:

Artigo 1

Concederlle axudas de mobilidade complementarias, no marco do Programa comunitario Erasmus+, ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que se relaciona no anexo I desta resolución e pola contía que se especifica.

As axudas aboaranse na conta bancaria indicada pola persoa interesada, unha vez presentado o anexo II da orde de convocatoria (declaración responsable do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas coma as pendentes de resolución para mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, de acordo co establecido no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia).

Denegarlles axudas de mobilidade complementarias, no marco do Programa comunitario Erasmus+, ás persoas solicitantes que se relacionan no anexo II desta resolución polos motivos especificados.

Artigo 2

O incumprimento total ou parcial, por parte das persoas beneficiarias, de calquera das condicións establecidas na Orde de convocatoria do 15 de febreiro de 2016 (DOG do 26 de febreiro), e nesta resolución, constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polas persoas beneficiarias ou solicitantes, segundo o disposto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Apelidos

Nome

Centro

Contía adxudicada

Albor Rodríguez

Brais

EASD Mestre Mateo

588,88 €

Almeida Ferreira

André

CMUS Superior de Vigo

588,88 €

Almeida Ferreira

Bruno

CMUS Superior de Vigo

847,99 €

Becoña Lorenzo

Rosalía

CMUS Superior da Coruña

847,99 €

Berciano Allegue

Irene

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

471,11 €

Blanco Andrés

Noemí

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

471,11 €

Boente Vilaboa

Ruth

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

565,33 €

Cáceres Vázquez

Mariana Jesús

EASD Pablo Picasso

588,88 €

Carbajo Martínez

Miguel

CMUS Superior da Coruña

565,33 €

Casares Gestal

Manuel

CMUS Superior da Coruña

471,11 €

Chamorro Moris

Gabriel

CMUS Superior da Coruña

565,33 €

Covelo Lores

Noa

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

565,33 €

David Álvarez

Melissa

CMUS Superior de Vigo

942,20 €

Fernández Diéguez

Irene

Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

282,66 €

Fernández García

Iago Senén

CMUS Superior da Coruña

471,11 €

Fernández González

Celina María

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

565,33 €

Fraga Bugallo

Jacobo

EASD Pablo Picasso

471,11 €

Gallego Pérez

Amanda

CMUS Superior da Coruña

565,33 €

García Álvarez

Brianda

CMUS Superior da Coruña

471,11 €

García González

Diego

EASD Pablo Picasso

353,32 €

García Ríos

Marta

EASD Pablo Picasso

471,11 €

García Rodríguez

Elvia

EASD Mestre Mateo

588,88 €

Germana Riveiro

Sara

EASD Pablo Picasso

471,11 €

Gómez Álvarez

Diana

EASD Antonio Faílde

376,88 €

González Rodríguez

Pablo

CMUS Superior da Coruña

847,99 €

Grandal García

Kevin

EASD Mestre Mateo

588,88 €

Illanes Losada

Silvia

Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

282,66 €

Lemos González

Rebeca

CMUS Superior da Coruña

251,26 €

Malleiro Díaz

Martiño

CMUS Superior de Vigo

942,20 €

Miguélez Torres

María Laura

CMUS Superior de Vigo

847,99 €

Ónega Otero

Amelia

CMUS Superior de Vigo

942,20 €

Pais Gómez

Alejandra

EASD Pablo Picasso

471,11 €

Pardo Pérez

Bruno

EASD Ramón Falcón

282,66 €

Paz Vidal

Ana (De)

EASD Pablo Picasso

314,07 €

Pazos Fernández

Sebastián

EASD Ramón Falcón

282,66 €

Phillipps-Treby Correa

Camila

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

847,99 €

Quintás Santiso

Olga Patricia

EASD Mestre Mateo

565,33 €

Ramírez Escobar

Daysi Margarita

EASD Antonio Faílde

471,11 €

Rodríguez Iglesias

Cristina

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

376,88 €

Rodríguez Rodríguez

Guillermo

CMUS Superior da Coruña

314,07 €

Teixeiro Rei

Xiana

CMUS Superior de Vigo

471,11 €

Vázquez Ramos

Sabela

CMUS Superior de Vigo

847,99 €

Vila Benavides

Ignacio (Da)

CMUS Superior de Vigo

942,20 €

Vila Cabaleiro

Iris

EASD Antonio Faílde

471,11 €

Zapata Blanco

Esteban

CMUS Superior da Coruña

471,11 €

Total

25.000,00 €

ANEXO II

Apelidos

Nome

Centro

Motivo da exclusión

Bouzada Salias

María Almendra

CMUS Superior de Vigo

Presentación fóra de prazo e non conforme co Real decreto 1829/1999, do 3 de decembro.