Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29867

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 28 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para realizaren as asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o curso escolar 2015/16. (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícanse as subvencións concedidas no Diario Oficial de Galicia, con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario, a entidade beneficiaria, a contía e a finalidade.

Mediante a Resolución do 28 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras que rexerán as axudas para realizaren as asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o curso escolar 2015/16.

Esta convocatoria está financiada ao 80 % con fondos FSE do Programa operativo de Galicia 2014-2020, no obxectivo temático 8 «promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral»; prioridade de investimento 8.4 «a igualdade entre homes e mulleres en todas as áreas, incluído o acceso ao emprego e á carreira profesional e a conciliación da vida laboral e a privada, así como a promoción do salario igualitario pola realización do mesmo traballo»; obxectivo específico 8.4.2 «(Re) integrar no mercado laboral as persoas con dependentes ao seu cargo, a través de medidas de conciliación da vida persoal e laboral, fomentar a igualdade de xénero no ámbito formativo, educativo e laboral».

Finalidade da axuda: favorecer e impulsar a conciliación do traballo e da vida familiar de mulleres e homes mediante axudas destinadas a realizaren as asociacións de nais e pais do alumnado programas de actividades complementarias e extraescolares.

Crédito orzamentario: a contía das axudas é 25.680,70 euros, que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.312G.481.0, código de proxecto 2016 00018 do orzamento vixente deste departamento.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: véxase anexo.

Lugo, 21 de xuño de 2016

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Subvencións concedidas

Crédito asignado: 25.680,70 €

CIF

Entidade

Importe concedido

G27019371

ANPA Padre Feijoo do CEIP nº 1 de Foz

6.000,00 €

G27120112

ANPA Escolapios de Monforte

6.000,00 €

G27219674

APA Laverde Ruiz

5.662,80 €

G27037787

ANPA Pedro Caselles Rollán

1.159,40 €

G27317643

ANPA CEIP Triacastela

1.222,10 €

G27371129

ANPA CEIP Veleiro Docampo

4.404,40 €

G27184027

ANPA CEIP Virxe do Monte

1.232,00 €