Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Cangas (expediente IN407A 2016/143-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTA, LMTS CII804 e substitución CT Hío.

Situación: Cangas.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 34 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente nº 34 da LMTA CII804 e final no apoio proxectado nº 35, paso aerosubterráneo (PAS). LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 953 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado 35 PAS, da CII804 e final no apoio proxectado nº 40 PAS, da CII804, unha vez entre e saia do centro de transformación proxectado Hío e do centro de transformación Chamiceiras. Centro de transformación de 400 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado no Hío, na mesma localización do centro de transformación Hío que se desmonta.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 10 de xuño de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra