Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29896

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 30 de xuño de 2016 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convocan a concurso público dúas prazas de profesores asociados de ciencias da saúde (PACS) para o curso académico 2016/17.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril
(BOE do 13 de abril), no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia, e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), no Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, regulador das bases do réxime de concertos entre as universidades e institucións sanitarias e o concerto entre a Universidade da Coruña e o Servizo Galego de Saúde, publicado por Orde do 20 de decembro de 2001 (DOG do 31 de decembro), e na Normativa pola que se regula o procedemento para a selección de persoal docente e investigador interino e laboral contratado, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 30 de abril de 2014, esta reitoría, resolve anunciar a publicación da convocatoria de concurso público para a contratación de dous profesores asociados de ciencias da saúde (PACS), para o curso académico 2016/17.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da UDC, na Reitoría (rúa da Maestranza, nº 9), na Vicerreitoría do Campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n), así como na páxina web da Universidade:

http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de xuño de 2016

Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña